Radiografía para coñecer a situación laboral das personas con discapacidade

No noso obxectivo diario por facer máis visibles as persoas con parálise cerebral, loitamos porque a sociedade non prescinda do seu talento. Hoxe, Día do Traballador, presentamos as conclusións do V Informe do Observatorio sobre Discapacidade e Mercado de Traballo (Odismet) de Fundación ONCE.

O pasado 29 de abril, asistimos á presentación dos Resultados do Informe 5 Odismet (Observatorio sobre Discapacidade e Mercado de Traballo en España). Este ano a presentación tivo lugar en directo nun Webinar que podedes ver en Odismet.es.

O informe busca ofrecer unha panorámica xeral da situación sociolaboral das persoas con discapacidade no noso país, con datos desagregados por CCAA.

En Galicia podemos destacar os seguintes resultados que supoñen unha fotografía da situación do emprego das persoas con discapacidade na nosa comunidade:

  • Registráronse 94.900 persoas con certificado de discapacidade, con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos, cunha maior presencia de homes (54,7%) e persoas con idades comprendidas entre os 45 e os 64 anos (68,8%). Hai un 4,6% de xóvenes.
  • Máis do 68% das discapacidades rexistradas son de tipo físico e predominan aquelas con porcentaxes comprendidos entre o 33% e o 44% (41,4%).
  • Temos unha tasa de prevalencia do 7,5% (1,3 puntos por riba da tasa de prevalencia de persoas con discapacidade en España).
  • A tasa de actividade é do 28,2% (máis de 45 puntos por debaixo da correspondente á población sen discapacidade na comunidade).
  • Respecto á tasa de empleo, situase no 20,0% 5,9 puntos inferior á rexistrada pola media nacional para persoas con discapacidade.
  • En canto á tasa de paro, posiciónase no 29,2%, maior que a media do colectivo de persoas con discapacidade en España en 3 puntos.
  • Atendendo ao nivel de estudios da población con discapacidade en Galicia, observamos que o 17,2% alcanzou formación superior, 0,4 puntos por riba da media do colectivo en España, pero a máis de 17 puntos da población sen discapacidade.
  • En 2017, realizáronse 18.286 contratos a persoas con discapacidade en Galicia.

En conclusión, o colectivo de persoas con discapacidade da nosa comunidade ten unha menor tasa de actividade e unha maior tasa de paro en comparación co colectivo de persoas con discapacidade do conxunto de España, e moi alexadas das tasas da población sen discapacidade. Estos datos describen un escenario para reclamar das diferentes administracións un maior impulso de políticas activas de emprego dirixidas a este colectivo.