Como facemos frente ao COVID-19 dende as entidades de ASPACE-Galicia?

Somos Imparables! 

O COVID-19 puxo patas arriba as nosas vidas. En pouco tempo tivemos que adaptarnos a unha situación inesperada e incerta pero se algo caracteriza ao movemento ASPACE, ás persoas con parálise cerebral e ás familias é a capacidade de adaptación a cualqueira situación.

As entidades de ASPACE-Galicia manteñen abertos os servizos residenciais, adaptados á nova situación e cos protocolos derivados do estado de alarma. Están pechados os seus centros educativos, de día, ocupacionais e de atención temperá, que esos centros no estén abertos non quere dicir que non sigamos prestando unha atención individualizada, constante e cercana ás persoas con parálise cerebral e as súas familias. Para poder face-lo puxemos os nuestros recursos, creatividade e profesionalidade ao servizo de todos eles.

A actividade continúa!

Dende o comezo do estado de alarma, os profesionais das entidades ASPACE-Galicia realizan diversas accións coas persoas con parálise cerebral. Entre elas podemos destacar:

  • Contacto periódico coas familias respondendo en función das necesidades e demandas mediante pautas, ideando actividades, envío de vídeos, documentos…
  • Acompañamiento emocional, por parte dos servizos de psicología das entidades ás familias e usuarios/as.
  • Detección de necesidades e resolución das mesmas dende o servizo de traballo social: servizo de préstamo de material que facilite o traballo dos coidadores e fomente a autonomía das personas en casa, información sobre axudas e medidas económicas adoptadas para paliar a crise e tramitación de recursos ou derivación…
  • Fluxo de información dende as entidades ás familias e a las persoas con parálise cerebral sobre as medidas e pautas tomadas, recomendacións, estado dos seus familiares…

Pero ademáis, parécenos interesante destacar diferentes iniciativas de cada entidade de ASPACE-Galicia:

  • Federación ASPACE-Galicia: creou a sección COVID-19 con información sobre o Coronavirus en relación a medidas lexislativas, recursos de interese durante o estado de alarma…

Información recopilada sobre el COVID19 por ASPACE GALICIA

  • AMENCER-ASPACE: a entidade realiza un seguimento do estado dos seus usuarios/as e familias, prestando o seu asesoramento. Existe ademáis, un seguimento das situacións sociais máis vulnerables para prestar un apoio psicológico e emocional.

A dirección e o personal técnico (mestres, fisioterapeutas, logopedas, pedagogos…) realizan este acompañamento de maneira individual de cada usuario/a, elaborando recomendacións e prestando material (de apoio para o traballo cognitivo, manual, de mellora do posicionamiento, de ocio…) que se traslada aos domicilios. Dende a asociación comunícanse as medidas de protección que precisan as personas con parálise cerebral e publícanse actividades para facer na casa, así como a elaboración de pautas para traballar dende o domicilio. A maiores, Amencer encárgase da xestión cos Servicios de Farmacia dos Hospitais de referencia para a distribución e o reparto dos produtos de medicación e nutrición para os usuarios/as.

Non soamente iso! A entidade creou unha serie de vídeos optimistas para que se manteña o contacto entre os profesionais, as persoas con parálise cerebral e as familias.

Feliz Martes!!!! Las familias y chicos/as de los Centros de Día Amencer-Aspace han querido trasladarnos como están llevando esta cuarentena, y han conseguido sacarnos una sonrisa y alguna que otra lágrima de felicidad!!!??. Que ganas de volver a veros!!!??.. Esperamos que esta situación pase pronto y que volvamos a vernos y compartir buenos momentos!!!. Sois increíbles!!!!!#SomosAspace#YoMeQuedoEnCasa

Publicada por Amencer-Aspace en Martes, 14 de abril de 2020

Nste periodo de corentena, anunciaron campañas como #DiaMundialDeLaCreatividad, #DiaMundialDelArte, #DiaMundialDelBeso, #DiaMundialDeLaSalud#DiaMundialDelLibroInfantil, #DiaMundialDeLaDiversion, ademáis, subiron información relativa ao Coronavirus en pictogramas e deron a coñecer unha serie de curtametraxes de animación para disfrutar en familia, aprendendo valores positivos coma a amizade, o amor, a inclusión e a atención á diversidade.

  • APAMP: elaborou unha Guía de recursos online con información de interese para toda a familia (voluntarios, socios, persoal e centros educativos cos que colaboran….) e especialmente para as persoas con discapacidade co obxetivo de manter abertas as vías de comunicación cos nosos usuarios e familias, proporcionándolles atención e alternativas de ocupación, ocio, saúde e realizando unha atención directa, aínda que non poida ser presencial, que axude e facilite a súa estancia na casa durante este periodo de confinamento.

A guía conta con bloques centrados en diferentes ámbitos e temáticas: información sobre o COVID-19, orientación, formación e seminarios online, recursos de ocio e cultura… Se necesitas axuda e asesoramiento por parte dos profesionais, dispoñen do servizo de traballo social e de psicoloxía o teu servizo.

Dende o taller textil de APAMP, ensinan como é a elaboración das mascarillas:

Non te perdas, o decálogo sobre como actuar se tes síntomas de COVID19, o seu videotutorial para a realización de videochamadas, o vídeo de agradecemento e ánimo para o personal residencial de APAMP e a emotiva canción Quédate en tu casa conmigo, realizada polas persoas usuarias da entidade viguesa. Eles recórdanos a importancia do positivismo: “Se a vida nos dá limóns, APAMP fai limonada”.

  • ASPACE CORUÑA: neste periodo de corentena leva a cabo diversos programas como o servizo de apoio psicolóxico, o acompañamento e apoio emocional das personas con parálise cerebral e das súas familias. Ademáis, o departamento de traballo social elaborou unha recopilación da lexislación durante esta emerxencia sanitaria.

A entidade coruñesa ofrece pautas de psicoloxía, terapia ocupacional e logopedia; de estimulación sensorial; así como de actividades educativas para realizar cos máis pequenos na casa; e traen propostas sobre Atención temperá mediante a elaboración de presentacións a videotutoriais, como o que mostramos a continuación.

 

 

Nas súas redes sociais, destaca a campaña da Cadea de Bos Desexos, queres sumarte a iniciativa? Faite unha foto posando cun cartel que mostre o teu desexo e compártea no teu Facebook mencionando a @Aspace.Coruna ÚNETE!!! A iniciativa apareceu nos medios de comunicación, a Crtvg Galicia deu a noticia no seu informativo, podes vela a partir do minuto 57.42.

Tamén queremos salientar a iniciativa que realizou a entidade co chamamiento para solicitar material de protección. A resposta foi un éxito! Recibiron donacións continuas, xestos solidarios en tempos de emerxencia sanitaria.

  • ASPACE LUGO: puxo en marcha unha iniciativa onde os usuarios/as da entidade elaboraron mensaxes de ánimo para quen está ingresado con COVID-19 no hospital de Lugo.

 

 

 

Na entidade dispoñen dun programa de estimulación sensorial para aumentar o coñecemento dos nenos/as teñen sobre si mesmos e do entorno que lles rodea. Realizan actividades de estimulación que pode ser somática (xogar con area, auga, arroz, lentellas……),  psicomotriz (sentir o seu esquema corporal), auditiva, táctil, visual, gustativa e olfativa.

Ademáis, aproveitan para practicar habilidades da vida diaria compartindo o que fan na Rede de Cidadanía Activa de ASPACE -Lugo. Non paran quedos! Realizan receitas de cociña, atrévense coa xardinería e ata practican ioga. Que más fan? Os usuarios/as de Aspace-Lugo realizan visitas virtuais e de entre a multitude de plans que teñen, analizan poemas, fábulas e contos. Entre as actividades do “Club dos poetas confinados”, destaca o poema do “Cuco” de Manuel María, que están traducindo a emoticonos.