Celebramos o deporte

Empeño, motivación e ilusión. Tres palabras que no mes de abril teñen máis forza que nunca, cando celebramos o Día do Deporte. A familia Aspace ten moitos deportistas disposto a dalo todo, atrévete a coñecelos!

Empeño, motivación e ilusión. Tres palabras que no mes de abril teñen máis forza que nunca, cando celebramos o Día do Deporte. A familia Aspace ten moitos deportistas disposto a dalo todo, atrévete a coñecelos!

Aarón Ortiz chegou a Galicia, hai uns anos,cunha maleta chea de enerxía. Tanta que cando viu as competición de triatlón nas Paraolimpiadas do 2012, decidiu que iso era o que él quería facer. E non se quedou nunha proposición, fíxoo! Empezou a adestrar con Alba Cuba e, dende entón, no deixou de superarse a se mesmo. Leva con él unha mochila chea de experiencias que xa está cargada con varias carreras populares, campeonatos nacionais e a súa participación no Campeonato del Mundo de Duatlón, celebrado en Pontevedra no ano 2019. Queres coñecer a súa historia?

Con tantas ganas de comerse o mundo como Aarón, están os participantes do Programa Rodando. Unha inicitiva, organizada por Amencer, que integra familias, voluntarios e usuarios con diversas discapacidades para que xuntos poidan gozar de paseos sobre rodas. O seu mantra é que xuntos poden con todo.

O proxecto deportivo con maior experiencia é o do Club Deportivo Tamiar, e é que hai 30 anos que as familias de APAMP se uniron para fundar este equipo.Nel, os usuarios poden practicar Slalom e Boccia, dos categorías deportivas coas que xa gañaron varios campeonatos. Os técnicos deportivos desta entidad, Bianca García e Paco Bello, fálannos dsobre o Club e sobre por qué é importante fomentar a actividade fisiodeportiva dos usuarios con parálise cerebral.