Mulleres imparables

Co motivo do día da muller, fixemos unha campaña chea de maxía onde tres mulleres das nosas
asociacións cóntannos os seus logros.

A primeira semana de marzo ten unha tonalidad moi especial. A cor morada é sinónimo de forza e valentía. De apoderamento, reinvindicación e loita. Elas son Gisela (usuaria de ASPACE Coruña), Ana (usuaria de APAMP) e Vicky (usuaria de Amencer-Aspace, presentámoschas!

GISELA

É unha apaixoada das tendencias, a beleza e das redes sociais (ten o seu propio blog de moda, descúbreo pinchando aquí!). Día a día demostra, con moito estilo, que a moda é inclusiva e accesible. O importante é a actitude!

ANA

A súa historia vaite atrapar. É campeona nacional de Slalom e unha fóra de serie desenvolvendo producto textil no telar da súa entidade, APAMP, onde confecciona bufandas, mantas e todo o que se propón!

VICKY

Se tiveramos que describila cunha única palabra, sería valente. Non só porque se atreve con calquera cambio de look (levou o pelo ata de cor azul!), senón porque día a día elimina todas as barreiras que se lle poñen por diante. Ademáis, a súa eterna sonrisa cotaxia o bó humor a todos os que estamos ao seu carón. Pst! Sabías que foi unha das finalistas do concurso de cociña que celebramos o ano pasado?