Ideas para gozar na casa durante esta corentena | #euquedonacasa

Alédanos o corazón ver como, nuns días tan duros e difíciles como estos, hai moooita boa xente lanzando iniciativas propias para axudar en todo o que poden. Dende Federación ASPACE Galicia queremos aportar o noso gran de area para facervos máis rápida e sixela a corentena. Traémoste unha serie de actividades gratuitas que podes facer dende casa. Ala ímos!

  1.  Cociñar recetas novas. Existen perfís de Instagram como Futurlife21, Paulinacocina, Simple Vegan Blog, ou Un pedacito de cielo, que a diario ofrecen novas e orixinais recetas coas que entreternos cociñando xunto aos nosos. Están boísimas!
  2.  Ler a túa revista favorita online. Grupos editoriais como Hearts España (que engloba revistas como Elle, Women’s Health, Casa Diez, etc.) o Prensa Ibérica (Stilo, Cuore, Woman, Viajar, entre outras) abriron de balde o seu catálogo para que non perdas ningún detalle.
  3.  Empezar unha nova aventura a través dun libro – ou remata por fin ese que tes na mesa de
    noite!-. Na GaliciaLe podes rexistrarte gratuitamente e acceder a libros electrónicos, audiolibros e audiovisuais. É un portal do Sistema Público de Bibliotecas de España, en concreto, este é o da Rede Autonómica de Galicia.
  4.  Manterte activo realizando unha actividade física dende casa. Perfiles de Instagram como o de Paula Ordovás ou L’Anatomie ofrecen circuitos de HIIT e ioga, respectivamente, todos os días para que nos podamos manter activos.
  5.  Engánchate a unha nova serie ou disfruta vendo un filme. Plataformas dixitales como Netflix, HBO ou a recén estreada Disney+ ofrecen suscripcións de balde por un límite de tempo, non as deixes escapar!
  6. Ver ao teu artista ou grupo favorito en directo. Non os perdas de vista, porque a maioría están cantando e tocando en directo para os seus seguidores. Un espectáculo, e sen moverte da casa!

Continuamos o nóso #euquedonacasaChallenge, xuntos conseguirémolo! Porque sí, somos imparables