Comunicado de ASPACE Galicia sobre as medidas contra o coronavirus

 

A Federación ASPACE GALICIA, tras as recomendacións e medidas sanitarias adoptadas polas autoridades competentes, que inclúen o peche de centros socio-sanitarios e o cesamento de actividades con agrupación de persoas en espazos pechados, entre outras moitas, comunica as medidas que a nosa entidade é decidiron tomar sobre esta situación:

  • Aprazamento de accións formativas e actividades previstas para o mes de marzo que impliquen agrupación de persoas.
  • Limitación dos desprazamentos e reunións presenciais, favorecendo o uso do sistema de videoconferencia.
  • Habilitar mecanismos de teletraballo para todos os profesionais da Federación, co obxectivo de minimizar os riscos para a saúde e promover a conciliación familiar.

Cremos que esta medida excepcional é da máxima necesidade e responsabilidade social, dadas as circunstancias actuais.

Podes seguir contactando connosco a través dos nosos correos electrónicos e nos números de teléfono 986 879 967 e nos teléfonos móbiles 639 744 355 (para calquera asunto) e 665 735 600 (para temas relacionados co Programa de Emprego e Formación). Tamén terá información actualizada a través do noso sitio web e das nosas redes sociais. Asimesmo, informaremos de calquera outra acción que se precise realizar.

Nos sitios web e redes sociais das nosas entidades membros tes información actualizada sobre as medidas implementadas por asociacións da Federación ASPACE para dar resposta á situación provocada polo coronavirus.

Asemesmo, queremos sumarnos ás reivindicacións da Confederación ASPACE, da que formamos parte, na que se pide ás administracións públicas unha maior protección para as persoas con parálise cerebral e as súas familias con respecto a esta situación, xa que é un grupo especialmente vulnerable. ante as condicións de saúde e as necesidades de apoio que presentan.

Fai clic aquí para coñecelos.