«Andaravío», deseño gañador do X Concurso de postais navideñas de ASPACE-Galicia

María Jesús Sánchez Sánchez é a deseñadora de Andaravío, tarxeta premiada no X Concurso de Postais Navideñas organizado por ASPACE-Galicia.

Con 70 obras presentadas, o premio nesta X Edición do Concurso de tarxetas de Nadal do 2019 estivo moi reñido. Representantes de todas as nosas entidades federadas (Amencer-AspaceAPAMP VigoASPACE LugoASPACE Coruña) esforzáronse o máximo nestas semanas para poder representar á Federación ASPACE- Galicia na súa felicitación navideña anual.

Trala votación, a través de Facebook e as papeletas depositadas en cada entidade, María Jesús Sánchez Sánchez, membro de ASPACE Coruña, alzouse como gañadora desta edición co seu traballo Andaravío. Con esa obra, Federación felicitou o Nadal, a entidade agradece unha vez máis o nivel de implicación dos membros de todas as súas entidades.

Sentámonos coa deseñadora para felicitala.

Federación: O primeiro, parabéns! Que sentiches ó saber que eras a gañadora deste ano?

Chus: Moita felicidade! Sentinme moi ben. Foi unha sorpresa moi agradable, xa que non o esperaba en absoluto.

Federación: Cal foi a túa inspiración á hora de crear a postal?

Chus: Dende o primeiro momento quixen facer un boneco de neve diferente. Na búsqueda de materiais non fixei límites: cartón, papel couché, goma EVA … todo foi unha fonte de inspiración. Gustoume moito o resultado.

Federación: Pensaches que premio vas escoller?

Chus: Gustaríame algo relacionado cunha das miñas paixóns: a música. Todos os días escoito a radio e cancións de todo tipo: jazz, clásico, pop … Ademais, participo en A radio dos gatos, un programa que facemos en Aspace-Coruña. Un minicadena sería o premio perfecto!

Dende aquí queremos dar a grazas aos participantes porque sen vós nada sería posible. Esperamos veros de novo o ano que vén!