Así celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, martes 3 de decembro, celebramos o Día Internacional das Personas con Discapacidade. Baixo a iniciativa ‘Baixo o mesmo paraugas‘, en Galicia unímonos case 80 entidades e miles de paraugas de cores para defender que todas as persoas son únicas e diferentes pero iguais en dereitos. Entre todas estas organizacións está representada unha base social de máis de 40.000 persoas, incluíndo persoas con discapacidade, familias, socios, profesionais e voluntarios.

Durante hoxe, realizáronse actos simultáneos en A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense. Cómpre salientar que as persoas con discapacidade leron un manifesto coas súas principais reivindicacións e desexos de futuro.

A acción de cooperación asociativa, que cumpre o seu cuarto ano de celebración, está a sumar cada vez máis asociacións que traballan con persoas con discapacidade. O fin? Amosar as demandas deste colectivo e o gran valor da unión do movemento asociativo.