10 usuarios/as de ASPACE Galicia preséntanse ás oposicións convocadas pola Xunta de Galicia

Integrantes do Programa de Emprego e Formación de ASPACE Galicia preséntanse ao proceso selectivo convocado pola Xunta de Galicia.

Silleda acolleu o pasado domingo os segundos procesos selectivos levados a cabo pola Xunta de Galicia, reservados de maneira específica para a discapacidade intelectual. Destas probas saldrá a segunda promoción para empregados públicos da Administración Autonómica con discapacidade intelectual. Cómpre salientar que a primeira promoción leva máis dun ano traballando en diferentes consellerías.

Nesta ocasión, presentáronse 372 persoas para competir por 24 postos de persoal subalterno na Administración galega. Dez deles pertencen ao al Programa de Emprego de Federación Galega de Parálise Cerebral, que nos últimos meses estiveron preparando as probas cos nosos técnicos que os apoiaron durante todo o proceso. É un servizo gratuíto que se ofrece a persoas con parálise cerebral e / ou patoloxías relacionadas dende o ano 2006 e xorde como un compromiso decidido de integrar o colectivo no mercado laboral.

Se estás interesado, podes contactar co Servizo de Orientación e Emprego de Federación ASPACE-Galicia no número 986 879 967 ou a través do correo electrónico orientacion@aspacegalicia.org