Unidos ‘Baixo o mesmo paraugas’

O vindeiro 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade.

Baixo o mesmo paraugas

 

Un ano máis, o vindeiro martes 3 de decembro, celebramos o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Por este motivo, chega “Baixo o mesmo paraugas”, unha iniciativa que reunirá nada menos que 78 entidades sociais de toda Galicia para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Cómpre salientar que nesta cuarta edición a forza do movemento asociativo acada por primeira vez a todas as provincias galegas. Polo tanto, celebraranse eventos simultáneos ás 12 horas en A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense. Dende Federación Aspace-Galicia vos animamos a participar cun paraugas de cores. O propósito? Que, todos xuntos, facemos visible unha sociedade diversa e plural, pero con iguais desexos e esperanzas.

A acción de cooperación asociativa “Baixo ou mesmo paraugas. Galicia Pola Diversidade ”naceu en 2016, a proposta de ASPACE-Coruña e apoiada por un total de 24 asociacións co fin de organizar un evento/actividade conxunta para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra cada ano o 3 de decembro. Actualmente chegamos a todas as provincias galegas e estamos representados a 78 entidades sociais de toda Galicia.

A continuación, detallamos a situación do evento en cada cidade. Lembrade que será ás 12:00 do mediodía.

  • A Coruña: Praza María Pita
  • Santiago de Compostela: Praza do Obradoiro
  • Pontevedra: Praza da Ferrería
  • Vigo: Porto de Vigo
  • Lugo: Praza Maior
  • Ourense: Praza Maior
Pouco a pouco enchearemos toda Galicia de paraugas de cores!