X Edición Concurso de Tarxetas Do Nadal

Federación ASPACE-Galicia organiza de novo o seu Concurso de Tarxetas Do Nadal que, neste 2019, alcanza xa a súa X edición.

X Concurso Tarjetas Navideñas

Creado co obxectivo de fomentar a expresión artística, os valores de convivencia e a participación nas tradicións do Nadal convócase este concurso entre as persoas usuarias da propia federación e das súas entidades adheridas: Amencer-Aspace, APAMP Vigo, ASPACE Coruña e ASPACE Lugo.

O traballo gañador será a imaxe da tarxeta de felicitación de nadal 2019 de Federación ASPACE-Galicia así como das asociacións membro que o soliciten.

A continuación especifícanse as bases de participación na presente edición do concurso.