IV Encontro Autonómico da Rede de Cidadanía Activa

IV Encuentro Red Ciudadania Activa

A Rede Autonómica de Autogestores nace en 2014 co obxectivo de crear un espazo común onde persoas con parálise cerebral de Galicia debatan sobre as cuestións que lles afectan promovendo a súa autogestión, autodefensa e autodirección, converténdose en portavoces e protagonistas da súa vida. Cada ano a xornada versa ao redor dun tema, en anos anteriores tratáronse cuestións como “Afectividade e sexualidade”, “Metas, retos e desafíos de futuro” e «Lecer para todos», mentres que este ano o tema protagonista será “Os Dereitos”.

O encontro organizado por Federación ASPACE Galicia terá lugar o vindeiro xoves, 21 de Novembro, en Hotel Oca Porta do Camiño en Santiago de Compostela e contará, nesta ocasión, cunha visita ao Parlamento de Galicia.

Detallamos a continuación a programación da xornada:

11.00 – 11.30. Chegada ao Parlamento de Galicia e acreditación de participantes.

11.30 – 13.00. Visita ao Parlamento de Galicia e recepción co Presidente do Parlamento e/ou representantes dos diferentes partidos políticos.

13.30 – 14.00. Chegada ao Hotel OCA Porta do Camiño ( C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela)

14.00 – 16.00. Comida no Hotel OCA Porta do Camiño e sobremesa.

16.30 – 18.00. Debate e posta en común. Os DEREITOS.

18.30. Fin do encontro e volta ás entidades.