Federación ASPACE-Galicia e as súas asociacións celebran do Día Mundial da Parálise Cerebral co lema “Dálle a volta”

O 2 de outubro con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, Federación ASPACE-Galicia e as súas entidades membro uníronse á campaña que Confederación ASPACE puxo en marcha co lema #DaleLaVuelta, que pretende visibilizar as situacións de vulneración de dereitos das persoas con parálise cerebral e con grandes necesidades de apoio, e lograr que a sociedade empatice con esta realidade. Con ese obxectivo realizouse unha intervención urbana de forma simultánea e coordinada de todas as nosas entidades. Pontevedra, Aretixo, Villagarcía, Vigo e Lugo encheron as súas rúas co ” arbol dos dereitos” no que os viandantes colgaban os dereitos vulnerados do colectivo, coñecéndoos e sensibilizándose deste xeito coas dificultades cotiás coas que se atopa calquera persoa con parálise cerebral.

A partir das 11:30 horas na Praza da Ferrería en Pontevedra e na Praza de España de Villagarcía estivo presente Amencer- ASPACE, coa compañía de Olga García Ballesteros, Deputada de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra e Noemi Outeda Prol, Deputada de Centros Educativos da Deputación de Pontevedra.

Día Mundial Parálisis Cerebral en Pontevedra

 

En Arteixo, ASPACE-Coruña celebrou os seus actos coa asistencia de Fabiola García, Conselleira de Política Social, Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo e Inés Ramos Álvarez, Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación así como con os colexios CEIP de Arteixo, CEIP San José Obrero y Colegio de Educación Infantil de Pastoriza.

 

Día Mundial Parálisis Cerebral en Coruña

 

APAMP asolagou a rúa Príncipe en Vigo celebrando o acto xunto a Marta Iglesias, Xefa Territorial de Política Social na Xunta de Galicia en Vigo; Yolanda Aguiar, Concelleira de Benestar Social;  Gorka Gómez, Concelleiro de Eduación; Isaura Abelairas, Deputadada de Igualdade na Deputación de Pontevedra, Oriana Méndez, do Grupo En Marea e Teresa Cendón do PP de Vigo. Ademáis contaron coa compañía de Rubén Ríos.

 

Día Mundial Parálisis Cerebral en Vigo

 

En ASPACE Lugo reuníronse na Praza do Castiñeiro para encher a árbore dos dereitos, ler o manifesto e terminar cunha apetitosa merenda.

 

Dia Mundial Parálisis Cerebral Lugo

 

Paralelamente durante toda a mañá desenvolveuse unha acción de mobilización en redes sociais na que se animou á cidadanía para subir unha foto do revés co hashtag # DaleLaVuelta e coa que conseguimos ser Tema de tendencia. Un ano máis se converteu nun día para lembrar e nun paso máis cara á igualdade e normalización.

Segue axudándonos e … #DaleLaVuelta.