O noso programa de Emprego e Formación participante no I Encontro Fortalece tu Talento

Profesionais e usuarios do programa de Emprego e Formación acudiron o pasado día 19, en Vigo, ao primeiro encontro Fortalece o teu Talento, organizado por Inserta Empleo e Fundación ONCE.

Máis de 300 persoas participaron no encontro co obxectivo de promocionar a formación e a inserción de persoas con discapacidade. Entre os presentes tamén puidemos coñecer a responsables das áreas de recursos humanos de empresas como Abanca, Nova Pescanova, O Corte Inglés, Grupo Pereira, Cardama, ou o Grupo Femxa, entre outros.

Fortalece tu Talento que naceu en 2016 formou en España a mais de 12.00 alumnos, dos cales 900 son galegos.

Inserta Empleo