15 profesionais de entidades ASPACE de Galicia e Alicante participan no Programa TALENTO ASPACE

O programa TALENTO ASPACE, é unha iniciativa da Confederación ASPACE, que ten como finalidade compartir boas prácticas no traballo con persoas con Parálise cerebral entre profesionais de diferentes entidades ASPACE.

O 10 de setembro, 4 grupos de traballo do proxecto TALENTO ASPACE, coordinados pola Federación ASPACE, reuníronse nas instalacións da Asociación  APAMP en Vigo para seguir compartindo boas prácticas e avanzar no desenvolvemento dos obxectivos previstos para cada grupo durante este ano.

No encontro participaron profesionais das seguintes entidades ASPACE:

  1. Grupo de traballo de Alimentación e Deglución: Este grupo está a traballar na definición dun protocolo de valoración da alimentación en persoas con parálise cerebral.
  2. Grupo de traballo de Sexualidade e Afectividade: Este grupo está a traballar na definición dun marco conceptual sobre a sexualidade e afectividade en persoas con parálise cerebral. Ademais analizaron que aspectos favorecen ou dificultan, nas entidades, avanzar neste tema e en como resolvelos ou potencialos.
  3. Grupo de traballo de Modelos de Atención: Este grupo estivo traballando nos aspectos que debe coñecer calquera profesional, voluntario ou alumno en prácticas que chega a unha entidade ASPACE.
  4. Grupo de traballo de Participación de persoas con grandes necesidades de apoio: Este grupo está a traballar na identificación dos dereitos deste grupo de usuarios que deben ser coñecidos e recoñecidos polo resto das persoas que os acompañan directamente.

Este proxecto TALENTO ASPACE é posible grazas ao apoio e ao financiamento da Fundación ONCE e da Confederación ASPACE.