ASPACE GALICIA celebra o seu 20 aniversario cunha xornada de formación e debate

En Federación ASPACE GALICIA celebramos o vindeiro venres, 19 de xullo, o noso XX Aniversario e, con ese motivo organizamos unha xornada de celebración, formación e debate sobre o traballo realizado e os restos pendentes coas persoas con parálise cerebral en Galicia.

A xornada celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio Administrativo de la Xunta de Galicia en Pontevedra, en horario de 11.00 a 13.30 horas.

O obxectivo da xornada é o de por en valor o traballo realizado nestes 20 anos polo movemento asociativo da parálise cerebral en Galicia e facer unha reflexión sobre os retos aínda pendentes.

Jornada 20 Aniversario Federación ASPACE GALICIA

O horario e contidos da xornada serán os seguintes:

  • 10.45. Benvida e acreditación de participantes.
  • 11.00. Inauguración da xornada.
  • 11.15. Vídeo conmemorativo dos 20 anos de traballo da Federación ASPACE GALICIA.
  • 11.30. Relatorio. Parálise Cerebral: Novas oportunidades para a redución do dano. Impartida por Don José Antonio Martínez Orgado. Licenciado en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid en 1985 e Doutor en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid en 1999. Especialista en Neonatología, actualmente é Xefe de Sección e Responsable do Servizo de Neonatología do Hospital Clínico San Carlos de Madrid
  • 12.30. Diálogo: Pensando no futuro (Retos pendentes). Unha persoa con parálise cerebral, un familiar e un profesional dialogan sobre os retos pendentes para o colectivo.
  • 13.10. Recoñecemento ás presidentas e presidentes da Federación nestes 20 anos de traballo.
  • 13.30. Clausura e fin da xornada

Ao dispoñer de aforo limitado, solicitamos ás persoas interesadas en asistir que confirmen a súa asistencia no mail comunicacion@aspacegalicia.org ou no teléfono 986.879.967

A Federación ASPACE GALICIA reúne ás asociacións que traballan, de forma especializada, co colectivo das persoas con parálise cerebral en Galicia