Federación ASPACE-Galicia acollerá na cidade de Pontevedra a Exposición Itinerante de Fotografía ASPACE: “Tal día como hoxe”

A exposición, que por oitavo ano consecutivo percorre diferentes entidades ASPACE, ten como obxectivo continuar co labor de sensibilización e visibilización das persoas con parálise cerebral na sociedade.

Exposicion Tal día como hoxe

 

A mostra abrirá as súas portas o vindeiro  dia 9 de xullo no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra e poderá visitarse ata o día 19 dese mesmo mes.

Esta nova edición que se compón de 30 instantáneas en branco e negro do fotógrafo Chomi Delgado está dividida en tres temáticas: amizade, vida en parella e procura da familia. Nelas, o artista tratou de plasmar a naturalidade das relacións persoais entre persoas con parálise cerebral buscando historias que se complementan entre si e nas que os seus protagonistas buscan ser aceptados e xamais xulgados.

O obxectivo é transmitir a vida cotiá no día a día, resaltar as capacidades do colectivo e potenciar a imaxe das persoas con parálise cerebral como cidadáns/ as de pleno dereito percorrendo toda España a través das entidades ASPACE.

Durante a pasada edición a mostra visitou 16 cidades recibindo un total de 180.00 visitantes.