Eulogio López, ex presidente de Federación ASPACE Galicia e ex xerente de ASPACE Coruña, galardoado co premio Jaume Marí ao Compromiso de ASPACE Ipsen Pharma

O xurado valorou o seu compromiso, dedicación e loita por defender os dereitos do colectivo de persoas con parálise cerebral durante toda a súa traxectoria profesional.

Premio ASPACE Ipsen Pharma Eulogio López

 

Eulogio López Río, nacido nunha aldea de Pedrafita do Cebreiro no ano 1957 sempre tivo o convencemento persoal de que hai que “reiventarse cada día”, tentar estar sempre un paso por diante.

Quizais sexa ese lema de vida o que lle converteu en parte  fundamental no desenvolvemento do movemento asociativo da discapacidade dentro da comunidade galega. Presidente de ASPACE Galicia desde 2013 ata 2019 e xerente de ASPACE Coruña entre 1991 e 2018, traballou incansablemente por visibilizar ás persoas con parálise cerebral representando o compromiso, a dedicación e a loita pola defensa dos dereitos deste colectivo.

A súa experiencia levoulle a formar parte tamén do Comité Ético de Confederación ASPACE, do  Cermi Galicia e da xunta directiva do Grupo de  Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos (como representante dunha entidade social referente na comarca coruñesa).

Na actualidade, unha vez xubilado, exerce como Presidente da Fundación tutelar ASPACE CORUÑA, a única fundación existente en Galicia dedicada ao colectivo de persoas con parálise cerebral e é asesor da Xunta Directiva da Asociación ASPACE CORUÑA.

Desde aquí só podemos darlle as grazas e felicitarlle por este premio tan merecido.

 

Os premios  IPSEN  PHARMA

O obxectivo dos Premios ASPACE  Ipsen  Pharma é recoñecer a traxectoria e o labor de persoas, entidades, organizacións ou institucións en favor da calidade de vida, a igualdade de oportunidades, a defensa dos dereitos e a plena integración do colectivo de persoas con parálise cerebral na sociedade.

Os premios serán entregados durante a celebración do próximo Congreso de Parálise Cerebral que se celebrará os días 4 e 5 de outubro en Córdoba.