Finaliza en ASPACE-Coruña a acción formativa «Auxiliar de Conserxe» financiada pola Asociación Inserta Empleo

11 foron os alumnos con parálise cerebral que recibiron o diploma desta formación financiada grazas á Asociación Inserta Empleo.

Entrega diplomas Formación Auxiliar Conserje ASPACE Coruña

Onte finalizou en ASPACE-Coruña o curso de “Auxiliar de conserxe”, acción formativa financiada pola Asociación Inserta Empleo, cunha carga lectiva de 180 horas e unha duración total de 3 meses.

11 alumnos e alumnas con parálise cerebral recibiron o seu diploma no acto de clausura do curso, cuxa finalidade pasaba por dotar a todos os participantes dos coñecementos técnicos e as competencias profesionais necesarias para que desempeñen correctamente as funcións propias dun ordenanza/conserxe.

Co obxectivo de mellorar as súas posibilidades de inserción laboral e social, esta formación enmárcase dentro do noso programa de Emprego e Formación que desenvolve actividades deste tipo ao longo de todo o calendario anual.