Os nosos compañeiros Antonio Doallo e Aaron Ortiz participan na presentación do novo Estudo de Emprego de Confederación ASPACE.

Titulado “Situación e necesidades das persoas con parálise cerebral no ámbito da integración laboral”  foi presentado onte ás 11.30 h. en Madrid.

Antonio expuxo a súa visión desde o Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia, que conta con máis de 14 anos de percorrido, pola súa banda Aaron falounos da súa experiencia no devandito programa.

 

 

Desde 2005 desenvólvese en Federación ASPACE Galicia o Programa de Emprego e Formación co obxectivo de facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns. Desde entón un elevado número de usuarios puideron beneficiarse deste servizo que conta cunha taxa de inserción do 45 %.

No aspecto formativo, 26 foron os usuarios participantes na formación vinculada aos procesos de selección de oposicións para os distintos organismos públicos: Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Parlamento Galego, SERGAS e Ministerio de Facenda.