Asinado o convenio de ASPACE Galicia coa consellería de Política Social

Federación Aspace Galicia recibirá 89.250 euros para desenvolver as súas actividades.

Firma Convenio consellería Política Social Xunta Galicia

Mónica Touriño Soto, presidenta de Aspace Galicia, asistiu o venres ao acto de firma do convenio de colaboración coa consellería de Política Social xunto co resto de representantes de entidades CERMI de Galicia.

Grazas a estes fondos Aspace Galicia pode desenvolver diferentes programas e actividades a través das súas 4 asociacións (Aspace Coruña, Aspace Lugo, Amencer Aspace e APAMP) que desempeñan labores de servizo e apoio ás persoas con parálise cerebral asi como aos seus familiares en todos os seus centros de día e residencias.

Con estes fondos tamén se organizan desde Federación Aspace Galicia actividades de información e sensibilización como poden ser a Conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral ou o Concurso Anual de Cociña. Sen deixar de lado os proxectos de carácter formativo, organizativo e profesional.

No acto estiveron presentes todas as asociacións asinantes (Down Galicia, COGAMI, Fademga – Plena Inclusión Galicia, FEAFES Galicia, Autismo Galicia, FAXPG, Federación Alzhéimer Galicia e Fegadace) así como a conselleira Fabiola García que aproveitou para lembrar que todos podemos sumar co noso 0.7 % na declaración da renda, un simple xesto que supón unha gran repercusión na capacidade de resposta e axuda de todas os colectivos que traballan para a mellora na calidade de vida de persoas que por calquera motivo teñen limitada a súa autonomía persoal.