III Encontro de profesionais ASPACE Galicia

34 profesionais de ASPACE Galicia e as súas entidades membro déronse cita o pasado 21 de marzo en Pontevedra.

 

Un ano máis celebrouse o Encontro de Profesionais ASPACE Galicia na que xa é a súa 3ª edición.  34 profesionais de ASPACE Galicia e as súas entidades membro  (APAMP, AMENCER ASPACE, ASPACE LUGO e ASPACE CORUÑA) déronse cita o pasado 21 de marzo no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra.

Co obxectivo de revisar todas as accións realizadas en 2018 analizouse o grao de consecución dos obxectivos do ano así como, acotáronse novas propostas para 2019 baseadas na definición das necesidades xurdidas ó longo do  traballo realizado durante todos estes meses.

O 2018 foi un ano de intenso traballo no que se apostou por temas clave como a alimentación e a sexualidade en persoas con parálise cerebral así como se escoitaron e atenderon as necesidades deste sector nunha decidida aposta por reivindicar ante as administracións públicas as demandas específicas deste colectivo.

O III Encontro de familias, a exposición “Atrévete a conocernos”, o IV concurso de Cociña, a participación no “I Curso de iniciación na elaboración de texturizados para persoas con parálise cerebral” ou a integración como entidade membro de ASPACE Galicia na Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia son algúns dos fitos que marcaron a ruta de traballo durante este ano.

Listos para este 2019.