ASPACE-Galicia e as entidades do Cermi Galicia reúnense co Grupo Parlamentario do PP

Federación ASPACE Galicia e o resto de entidades integrantes do CERMI Galicia reuníronse esta mañá co grupo parlamentario do PP dentro da xornada de sensibilización da discapacidade.

Federación ASPACE-Galicia e o resto de entidades membro do Cermi Galicia reuníronse esta mañá, no Parlamento de Galicia, cos deputados do Grupo Parlamentario do Partido Popular na xornada de sensibilización da discapacidade.

A xornada foi aberta pola Conselleira de Política Social, Fabiola García e o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha.

O obxectivo desta reunión era trasladar aos membros do Grupo Parlamentario do PP de Galicia, as demandas e necesidades das persoas con discapacidade de Galicia. Esta reunión pechaba a rolda realizada con todos os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia.

En representación de Federación ASPACE GALICIA, Mónica Touriño Soto, presidenta da Federación e xerente da asociación Amencer-ASPACE expuxo as necesidades e preocupacións do colectivo de persoas con parálise cerebral da comunidade autónoma galega.

As principais demandas trasladadas pola presidenta da Federación ASPACE GALICIA foron:

  • Impacto do novo XV Convenio Colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.
  • O déficit que arrastran as entidades ASPACE de Galicia en relación ao servizo de trasporte.
  • A importancia de que se desenvolva lexislativamente o concerto social e a lei de accesibilidade en Galicia.
  • As necesidades de novas prazas para atender ao colectivo das persoas con parálise cerebral en Galicia.
  • Potenciar a atención temperá e a coordinación sociosanitaria.
  • Coñecer a estratexia da Xunta de Galicia en relación á potenciación da educación inclusiva.