ASPACE GALICIA realiza a auditoría externa de Seguimento do seu Sistema de xestión de Calidade de acordo coa Norma ISO 9001:2015

A auditoría externa, realizada pola certificadora AENOR, avaliou a conformidade do Sistema de Xestión de Calidade da Federación ASPACE GALICIA, respecto aos requisitos especificados na norma de referencia UNE-EN ISO 9001:2015.

 

En Federación ASPACE-Galicia comprometémonos a consolidar unha xestión baseada na transparencia, a calidade e a eficiencia. Por elo recibimos onte, nas nosas instalacións, a Auditoría de Seguimento dentro do Proceso de Certificación ao Sistema de Xestión de Calidade ISO 9001:2015 do que dispoñemos.

O alcance de dito sistema abarca a prestación dos servizos de sensibilización, orientación ou integración sociolaboral das persoas con parálise cerebral así como a prestación de servizos ás entidades membro da Federación (captación e xestión de recursos e formación do persoal,…). Todo elo proporciona un marco de referencia para poder establecer e revisar os obxectivos de calidade da entidade así como mellorar continuamente a súa eficacia.

O informe da auditoría externa facilitado por AENOR pon de manifesto diversos puntos fortes da xestión da entidade nos seus diversos servizos, programas e proxectos e oportunidades para a mellora.

Estas accións facilitan que como entidade esteamos sempre traballando nun ciclo de mellora continua que facilite unha intervención de calidade coas persoas con parálise cerebral, as súas familias, as entidades membro da federación e os profesionais que as forman.

¿Queres coñecer a política de calidade da Federación ASPACE GALICIA? Fai clic aquí.