Tres usuarios de Federación ASPACE Galicia preséntanse ao examen-oposición de Celador da Xunta de Galicia

Todos forman parte do Programa de Emprego e Formación que Federación ASPACE Galicia desenvolve dende 2005.

 

Tres usuarios de Federación ASPACE Galicia se presentan al examen-oposición de Celador de la Xunta de Galicia.

 

O pasado sábado día 9 de marzo máis de 150 participantes presentáronse para cubrir unha das 30 prazas ofrecidas pola Xunta de Galicia no proceso selectivo de exame-oposición a Celador, o primeiro no que se habilita unha quenda de acceso diferenciado para persoas con discapacidade intelectual para “garantir as condicións de igualdade na accesibilidade a un posto de emprego público” como ben sinalaba a Xunta de Galicia.

Dende Federación ASPACE Galicia 3 foron os usuarios presentados á proba selectiva. Todos eles levan meses recibindo formación, asesoramento e apoio por parte dos nosos profesionais do Programa de Emprego e Formación, que naceu en 2005, como ferramenta para facilitar a integración socio laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns así como o seguimento e acompañamento durante o proceso.

Podes coñecer mellor o Programa de Emprego e Formación para persoas con Parálise cerebral aquí.