Lugo acolle a sexta sesión da nosa formación “Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral”

O salón de actos do Centro de Educación Especial de Santa María de Lugo abriu as súas portas a esta formación realizada en colaboración  coa Escola Galega de Saúde para cidadáns.

O pasado día 28 de febreiro o salón de actos do Centro de Educación Especial de Santa María de Lugo acolleu a sexta sesión do ciclo formativo “Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral”.

Unha vez máis os profesionais das nosas asociacións expuxeron  aos asistentes os seus amplos coñecementos en todo o relativo á alimentación en persoas con parálise cerebral. Disfaxia, postura, hixiene, nutrición ou texturización son algunhas das palabras clave pronunciadas no desenvolvemento do curso que finalizou cunha cata de melocotón texturizado.