Terceira sesión, en Sada, da formación “Alimentación Segura e Eficaz en persoas con parálise cerebral”

Esta é a terceira sesión do noso ciclo formativo organizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns.

Realizada en Sada, nas instalación de ASPACE CORUÑA, obtivo un cheo absoluto e esgotou as 50 prazas dispoñibles máis dunha semana antes do seu inicio.

 

Coas prazas cubertas con antelación realizouse en Sada a formación “Alimentación Segura e Eficaz en persoas con parálise cerebral”.

De novo os asistentes puideron recibir formación sobre aspectos nutricionais, hixiene, alimentación e hidratación en persoas con parálise cerebral, con problemas de deglución e disfaxia, así como coñecer un pouco máis de cerca as técnicas de texturizado e probar os seus resultados.

Aínda hai dúas datas dispoñibles máis para participar nos obradoiros de Alimentación segura e eficaz, o 21 de febreiro en  Pontevedra (para este obradoiro xa non hai prazas dispoñibles) e Lugo o 28 de febreiro.

Más información e inscricións: https://n9.cl/QqGs