ASPACE Coruña vence na GRAN FINAL do IV Concurso de Cociña ASPACE

O grupo formado por Chon, Jorge e Idoia coa súa receita en formato tradicional, e o grupo formado por Yago e Laura coa súa receita adaptada, son os grandes vencedores.

A GRAN FINAL contou cun xurado de excepción formado por Tino Otero Abellon, chef do Aula de Cociña de Porto-Muiños e membro de Coruña Cociña; e Cristina Naya Santalla, directora do Aparthotel Attica 21 As Galeras.

O Aparthotel Attica 21 As Galeras acolleu esta mañá a GRAN FINAL do IV Concurso de Cociña “en ASPACE cociñamos xuntos”, un concurso gastronómico para persoas con parálise cerebral. Os 6 grupos que esta mañá se disputaron a gran final son os vencedores das tres respectivas semifinais que se organizaron no mes de novembro en cada unha das nosas entidades federadas (Amencer-Aspace, APAMP Vigo e ASPACE Coruña), gañando en cada unha de elas dous grupos coa preparación dun prato con hamburguesa (un coa súa receita en formato tradicional e outro coa súa receita en formato texturado/triturado).

Na GRAN FINAL celebrada esta mañá o grupo formado por Chon, Jorge e Idoia venceron na categoría de formato tradicional coa súa receita “Serendipia” mentres que o grupo formado por Yago e Laura se impuxeron na categoría de texturado/triturado coa súa receita “Ala Burguer”. A GRAN FINAL estivo moi rexida entre as mellores propostas de cada unha das tres semifinais, e se contou cun xurado de excepción formado por Tino Otero Abellon, chef do Aula de Cociña en Porto-Muiños e membro de Coruña Cocina; e Cristina Naya Santalla, directora do Aparthotel Attica 21 As Galeras.

As receitas elaboradas polos/as participantes neste 2018 foron de gran nivel, e debemos destacar o feito de que ano tras ano as propostas que se presentan son de maior complexidade, e se implica á persoa con parálise cerebral en maior medida a través da utilización de materiais adaptados durante todo o proceso de elaboración.

Os dous grupos gañadores da GRAN FINAL foron obsequiados cunha gran cesta de produtos cortesía das empresas colaboradoras do IV Concurso de Cociña: Aceites Abril, Anfaco Cecopesca, Casal Coton, Gadis, Galifresh, Hifas da Terra Fundación, Mel de Galicia, O Submarino Alta Conserva y Porto Muiños. Mentres que o xurado recibiu un agasallo elaborado nos talleres artesanais de ASPACE Coruña.

Non podemos deixar de aplaudir a gran implicación, un ano máis, de toda a familia ASPACE para que o noso Concurso de Cociña sexa un gran éxito de convocatoria; e felicitar a todos os grupos participantes polo seu bo facer nos fogóns. Dende Federación ASPACE-Galicia os estamos moi agradecidos: participantes, xurado, empresas colaboradoras, profesionais e familias… ¡Sen vós non sería posible!