Baixo o mesmo paraugas

O Día Internacional da Discapacidade unirá a máis de 50 entidades sociais galegas “Baixo o mesmo paraugas”

Haberá actos en Pontevedra, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

O próximo luns 3 de decembro máis de 50 entidades sociais de toda Galicia celebrarán o Día Internacional das Persoas con Discapacidade uníndose á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”. A iniciativa, que se iniciou en A Coruña en 2016, cumpre o seu terceiro ano de celebración e cada vez suma a máis asociacións que traballan coas persoas con discapacidade.

Se celebrarán actos nas cidades de A Coruña (Praza de María Pita 12.00 h), Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro 12.00 h), Pontevedra (Praza da Ferrería 11.30 h) e Vigo (Porto de Vigo, Praza da Estrela 11.30 h).

Dende as asociacións que organizamos este gran movemento solicitamos á cidadanía a que o próximo luns día 3 acudan con un paraugas para unirse e apoiar esta acción, na que este ano por primeira vez tamén participarán alumnos/as de centros educativos, coma unha “clara aposta por traballar a inclusión dende as aulas para conseguir un cambio social real”. O paraugas simboliza a unión, xa que “todos temos cabida baixo o paraugas” sen diferenzas. Esa é a meta: dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

Entre todas estas organizacións está representada unha base social de máis de 22.000 persoas, incluíndo ás persoas con discapacidade, familias, profesionais, socios/as e voluntariado.

A iniciativa “Baixo o mesmo paraugas” tamén foi destacada como Boa Práctica Interasociativa nas últimas xornadas nacionais do Cermi e este ano conta tamén coa colaboración da Deputación de A Coruña e Pontevedra, os Concellos de A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo; ademais da axencia de fotógrafos Nós Why Not e a empresa Ezpeleta.

Dende Federación ASPACE-Galicia apoiamos o acto organizado pola nosa asociación Amencer-Aspace na cidade de Pontevedra (Praza da Ferrería 11:30 h), e estaremos presentes no acto organizado na cidade de Vigo (Porto de Vigo, Praza da Estrela 11:30 h) onde participa a nosa asociación APAMP Vigo.

Para saber máis da iniciativa “Baixo o mesmo paraugas” visita a súa páxina de Facebook así como o seu perfil de Twitter. Todos/as #BaixoOMesmoParaugas.