IX Edición do Concurso de Tarxetas do Nadal 2018

A data de recepción dos traballos finalizará o martes 4 de decembro de 2018 ás 15.00 horas.

Federación ASPACE-Galicia convoca a IX Edición do Concurso de Tarxetas do Nadal 2018 co obxectivo de fomentar a participación, os valores da convivencia e a expresión artística das tradicións do nadal entre as persoas usuarias da propia federación e das súas entidades adheridas: Amencer-Aspace, APAMP Vigo, ASPACE Coruña e ASPACE Lugo.

A finalidade é que as persoas usuarias elaboren un traballo que servirá de imaxe da tarxeta de felicitación do nadal 2018 de Federación ASPACE-Galicia así como das asociacións membro que o soliciten.

A continuación se especifican as bases de participación na presente edición do concurso.