Federación ASPACE-Galicia organiza o II Encontro de Familias

Federación ASPACE-Galicia organiza, o próximo sábado 24 de novembro de 2018, o II Encontro de Familias en Santiago de Compostela.

O Hotel Oca – Puerta del Camino albergará a segunda edición dun evento que xorde para crear un espazo de encontro e convivencia entre as familias das persoas con parálise cerebral membro das entidades adheridas a Federación ASPACE-Galicia.

Un espazo de encontro tamén para compartir, reflexionar, debater, formarse e informarse, por un lado dos proxectos nos que actualmente traballa a Federación en coordinación coas súas entidades membro (Amencer-Aspace, APAMP, ASPACE-Coruña e ASPACE-Lugo) e por outro, dos temas centrais da xornada: 1. Alimentación segura e eficaz. 2. Intimidade, afectividade e sexualidade. 3. Humanización da Sanidade. Haberá un tempo durante a xornada para traballar en grupo nos temas anteriores. Na xornada inclúese tamén unha visita cultural, ademais da comida e do desprazamento. A continuación, o programa do II Encontro de Familias ASPACE-Galicia:

 

  • 10.30: Chegada de participantes, acreditacións e café de benvida.
  • 11.00: Benvida e presentación do Encontro.
  • 11.15: Memoria Federación ASPACE Galicia 2018.
  • 11.30: Presentación dos temas sobre os que vamos a traballar: 1. Alimentación segura e eficaz. 2. Intimidade, afectividade e sexualidade. 3. Humanización da Sanidade.
  • 12.00: Traballo en grupo sobre os temas anteriores.
  • 13.30: Foto do grupo.
  • 13.45: Comida Buffet no Hotel Puerta del Camino.
  • 16.00: Actividade cultural en Santiago de Compostela.

O II Encontro de Familias ASPACE está financiado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.