ASPACE-Galicia ten gañadores da primeira semifinal do IV Concurso de Cociña

O grupo formado por Hugo, Carmen e Tania; e o grupo formado por Esteban, Diego e David pasan á gran final.

A semifinal contou cun xurado de excepción formado polo blogueiro gastronómico Alberto Ribas Álvarez de “Mais Grelos”, Luis Estévez Vidal nutricionista de ASPACE-Galicia, e o Capitán Don David Llamas Garcia.

A Escola Naval Militar de Marín acolleu esta mañá a primeira semifinal do IV Concurso de Cociña “en ASPACE cociñamos xuntos”. Un total de 9 grupos formados por unha persoa con parálise cerebral membro da nosa asociación Amencer-Aspace acompañados dun familiar ou profesional da entidade prepararon as súas receitas centrándose nun prato elaborado con hamburguesa.

O grupo formado por Esteban, Diego e David gañaron a semifinal na categoría de formato tradicional co seu prato “Hamburguesa Campolongo” mentres que, o grupo formado por Hugo, Carmen e Tania gañaron a semifinal na categoría de triturado/texturado co seu prato “Hamburguesa ENM”; pasando á gran final que terá lugar o día 29 de novembro.

Os participantes presentaron innovadoras propostas gastronómicas contando como novidade a competición en dúas categorías: formato tradicional e formato triturado/texturado. O xurado estivo formado polo blogueiro gastronómico Alberto Ribas Álvarez (do blog “Mais Grelos” e mais coñecido como “Alvientooo”) e Luis Estévez Vidal, nutricionista de ASPACE Galicia; ademais do Capitán da Escola Naval Militar Don David Llamas García.

Os gañadores da semifinal foron obsequiados cun lote de produtos gourmet por cortesía das empresas colaboradoras do IV Concurso de Cociña: Aceites Abril, Anfaco Cecopesca, Gadis, Galifresh, Grupo Nove Cociñeiros, Hifas da Terra Fundación, Miel de Galicia e Porto Muiños; entregados polo Tenente Coronel Don Alberto Pérez Alvarez-Quiñones. Mentres que o xurado recibiu un detalle elaborado nos talleres artesanais de Amencer-Aspace.

A próxima semifinal será o 14 de novembro e os participantes da asociación APAMP competirán no centro que a entidade ten en Navia (Vigo). Os gañadores de cada unha das tres semifinais competirán na gran final do día 29 de novembro.