Comezan os obradoiros de creación escénica e papel para persoas con parálise cerebral financiados pola Deputación de Pontevedra

Federación ASPACE GALICIA pon en marcha obradoiros de creación escénica e papel para persoas con parálise cerebral financiados pola Deputación de Pontevedra.

Durante os meses de novembro e dicembro, as persoas con Parálise Cerebral de Vigo e Pontevedra poderán  aprender e por en práctica diversas técnicas para o traballo con papel e a creación escénica.

 

 

O proxecto pretende traballar, a través deestas disciplinas, a adquisición de habilidades sociais básicas e habilidades para a inserción laboral de persoas con parálise cerebral de APAMP e AMENCER ASPACE.

Este proxecto é posible gracias á colaboración da Deputación de Pontevedra, a través da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia de Pontevedra.