Exposición ‘Somos Imparables’

Mónica Touriño e Fabiola García inauguran a mostra ‘Somos Imparables’ de ASPACE-Galicia.

‘CapacitARTE. Así somos. Así o facemos’ é un proxecto da Consellería de Política Social para visibilizar o traballo das entidades sociais que formamos parte do Cermi Galicia. Dende ASPACE-Galicia confeccionamos a nosa exposición baixo o lema ‘Somos Imparables’ e a través de 19 fotografías queríamos dar a coñecer por unha parte a realidade das persoas con parálise cerebral e por outra, o traballo que realizan as entidades que traballan có colectivo na comunidade autónoma de Galicia.

Unha mostra que busca ser reflexo dos retos ós que cada día se enfrontan e superan estas persoas, así coma poñer de manifesto a forza imparable do colectivo para vivir unha vida plena e integral en cada unha das etapas da vida. Todas as fotografías están acompañadas dunha lenda. Lenda que non é máis que un parágrafo no que a persoa que está representada na imaxe relata a súa historia, os seus hobbies, as súas capacidades… en definitiva, a súa realidade. Unha realidade que dista do termino ‘parálise cerebral’.

A inauguración tivo lugar esta mañá a cargo de Mónica Touriño Soto, xerente de Amencer-Aspace e tesoureira de ASPACE-Galicia; de Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social; y de Ildefonso de la Campa, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Todos eles arroupados por responsables das entidades que traballan no ámbito da discapacidade en Galicia, e por persoas con parálise cerebral membro das nosas asociacións, moitos de eles protagonistas das imaxes.

A Conselleira instou a “mirar de fronte” ás persoas con parálise cerebral, facendo uso do lema da campaña que dende o Movemento ASPACE se puxo en marcha con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral 2018 e apuntou que a administración seguirá traballando coas entidades “para ter unha Galicia sen barreiras. Para ter unha Galicia sen exclusións. Porque todos debemos seguir avanzando cada día nunha Galicia mais inclusiva”.

O Complexo Administrativo San Caetano, edificio da Pirámide (15781 Santiago de Compostela), albergará a exposición ata o próximo 14 de outubro. Horario de visitas: De 9:00 a 14:00 horas de luns a venres laborais.