‘CapacitARTE. Así somos. Así o facemos’

19 imaxes que poñen de manifesto a forza imparable do colectivo de persoas con parálise cerebral.

‘CapacitARTE. Así somos. Así o facemos’ é un proxecto da Consellería de Política Social para visibilizar o traballo das entidades sociais que formamos parte do Cermi Galicia. Consiste nunha serie de exposicións monográficas sobre os proxectos e servizos desenrolados polo movemento asociativo, e ten como obxectivo dar visibilidade ás persoas con distintas capacidades.

Dende ASPACE-Galicia confeccionamos a nosa exposición con dous obxectivos: por un lado, dar a coñecer a realidade das persoas con parálise cerebral; e por outro, dar a coñecer o traballo que realizan as entidades que traballan có colectivo de persoas con parálise cerebral na comunidade autónoma de Galicia.

Baixo o lema ‘Somos imparables’ a mostra se compón de 19 imaxes de persoas con parálise cerebral membro das nosas asociacións reflexando os retos ós que cada día se enfrontan e superan. Unha lenda acompaña á fotografía, e nela é o propio protagonista da imaxe quen relata a súa historia, seus hobbies, súas capacidades,… en definitiva a súa realidade. Unha realidade que dista do termo ‘parálise cerebral’.

A exposición ‘Somos imparables’, polo tanto, pon de manifesto a forza imparable do colectivo de persoas con parálise cerebral para vivir unha vida plena e integral a través dos retos que se presentan en cada unha das etapas da vida dunha persoa. O noso propósito é reflexar a parálise cerebral no cotiá para facela extraordinaria.

O Complexo Administrativo San Caetano, edificio da Pirámide (15781 Santiago de Compostela), albergará a exposición ata o próximo 14 de outubro. Horario de visitas: De 9:00 a 14:00 horas de luns a venres laborais.