ASPACE-Galicia e as entidades do Cermi Galicia reúnense co BNG

Federación ASPACE-Galicia traslada ó BNG as necesidades e demandas máis urxentes do colectivo de persoas con parálise cerebral da comunidade galega.

Federación ASPACE-Galicia e as entidades membro do Cermi Galicia reuníronse esta mañá, no Parlamento de Galicia, cós deputados do Grupo Parlamentario BNG – Bloque Nacionalista Galego nunha xornada de sensibilización da discapacidade. Na nosa representación acudiu Mónica Touriño Soto, tesoureira de ASPACE-Galicia e xerente de Amencer-Aspace, para trasladar as necesidades e demandas máis urxentes do colectivo de persoas con parálise cerebral da comunidade autónoma galega.

Amplía información aquí.