O Arte das nosas pegadas, por Amencer-Aspace

Amencer-Aspace inaugura na sede da Fundación Barrié (A Coruña) a exposición “O Arte das nosas pegadas”.

Ignacio Pérez Figueroa, xerente de Federación ASPACE-Galicia, asistiu hoxe xoves á inauguración da exposición “O Arte das nosas pegadas” na sede da Fundación Barrié. O acto estivo a cargo da directora da Fundación Barrié, Carmen Arias Romero; a xerente da asociación Amencer-Aspace, Mónica Touriño Soto; e a comisaria da exposición e profesora da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Loreto Blanco Salgueiro.

A exposición está composta por varias pinturas realizadas con cadelas de rodas por persoas con parálise cerebral membros da nosa asociación Amencer-Aspace, querendo reflectir con ela a expresión sen limitacións no arte. A idea xorde da chegada á asociación no ano 2015 de dous voluntarios procedentes da Facultade de Belas Artes, quen mostraron os/as seus/súas usuarios/as “que había outras formas de expresarse” e lles suxeriron pintar coas súas propias cadelas de rodas, comenta Rosana Sánchez Sastre –Coordinadora Técnica dos Centros de Día de Amencer-Aspace. O primeiro cadro marcou un antes e un despois, ademais de ser o inicio dun obradoiro de pintura.

A mostra poderá visitarse na sede da Fundación Barrié (Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña) ata o próximo domingo 7 de outubro de 2018.