Atréveste a coñecernos?

ASPACE-Galicia inaugura no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra a Exposición Itinerante de Fotografía ASPACE: “Atrévete a coñecerme”.

Cumprindo có obxectivo de dar visibilidade á realidade das persoas con parálise cerebral e sensibilizar á sociedade Federación ASPACE-Galicia acolle na cidade de Pontevedra a Exposición Itinerante de Fotografía ASPACE: “Atrévete a coñecerme”, que por sétimo ano consecutivo pon en marcha Confederación ASPACE. A mostra, presentada onte, poderá visitarse no vestíbulo do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (en Avda. Montero Ríos, s/n) ata o próximo martes 14 de agosto de luns a venres en horario de 08:00 a 20:00 horas.

O acto de inauguración, celebrado onte ás 12:00 horas en el Pazo Provincial, foi presidido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas; o presidente de Federación ASPACE-Galicia, Eulogio López; a vicesecretaria de Federación ASPACE-Galicia, Mª Carmen Barreiro; o xerente de Federación ASPACE-Galicia, Ignacio Pérez; e o presidente de Amencer-Aspace, Carlos Godoy.

A nova edición da exposición itinerante, conta cun total de 20 imaxes a cor que o fotógrafo Asier Bastida realizou para ASPACE Álava. As 20 imaxes están acompañadas a súa vez por 20 mensaxes transmitidas por persoas con parálise cerebral e que son o eixe central da campaña “Atrévete a coñecerme”, posta en marcha con motivo do Día Mundial das Persoas con Parálise Cerebral 2017.

Transmitilo cotiá do día a día das persoas con parálise cerebral, resaltando o feito de que, máis aló da súa discapacidade a súa vida é idéntica á de calquera outra persoa; potenciala imaxe das persoas con parálise cerebral coma cidadáns/ás de pleno dereito; e resaltalas capacidades do colectivo, son os obxectivos que se pretenden acadar coa exposición. Da que Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra destacou “con estas fermosas imaxes cheas de sorrisos compartimos vidas, compartimos experiencias e, en definitiva, unha maneira de entender o mundo no que todos e todas somos iguais”.