Amencer – Aspace presenta na Deputación de Pontevedra a súa exposición “Amencer-Aspace deixa pegada en ti”

A Federación Aspace-Galicia asistiu esta mañá á inauguración da exposición que a Asociación Amecer-Aspace realizou en homenaxe ós actos que tiveron lugar o pasado mes de outubro na cidade de Pontevedra con motivo do Día Mundial das Persoas con Parálise Cerebral 2017.

A inauguración tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra a cargo da súa presidenta, Carmela Silva, da deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, da xerente de Amencer-Aspace, Mónica Touriño e do vicepresidente de Aspace-Galicia, Carlos Godoy; todos eles arroupados por profesionais da asociación así coma polos propios usuarios.

A exposición “Amencer-Aspace deixa pegada en ti” estará presente no vestíbulo do Pazo Provincial ata principios do mes de febreiro para dar visibilidade as accións que se levaron a cabo ese día no que a asociación  sumouse á campaña que a Confederación Aspace puxo en marcha a nivel nacional “Atréveche a coñecerme”, o mesmo tempo que reivindicar que tódolos días sexan o Día Mundial das Persoas con Parálise Cerebral.

Dende Federación Aspace-Galicia solo quédanos dalas grazas a tódolos cidadáns que o pasado mes de outubro acercáronse á Peregrina e se “atreveron a coñecer” os nosos usuarios así coma a labor que os nosos profesionais desenrolan día a día nos centros.