Os profesionais das entidades ASPACE de Galicia reúnense para revisar o traballo realizado en 2017 e planear o ano 2018

30 profesionais de Federación ASPACE GALICIA e as súas entidades membro (APAMP, AMENCER ASPACE y ASPACE CORUÑA), participaron no segundo encontro de profesionais das entidades ASPACE GALICIA que se celebrou o 12 de decembro nas instalacións da Federación en Pontevedra.

O obxectivo deste encontro, que se realiza anualmente, foi revisar o traballo realizado durante o ano 2017, analizar o grao de consecución dos obxectivos e retos establecidos a principios de ano e definir as necesidades e retos que abordar no novo ano.

O 2017 foi un ano de intenso traballo, no que se apostou por:

  • Dar a coñecer o traballo que realiza a Federación ASPACE GALICIA cos seus diferentes grupos de interese (as persoas con parálise cerebral, as súas familias, as asociacións membro e os seus profesionais e a sociedade en xeral)
  • Escoitar e recoller as demandas e necesidades destes grupos de interese.

Entre as fazañas máis significativas do traballo realizado no ano 2017 podemos destacar os seguintes:

  • A celebración do II e III Encontro autonómico de autoxestores en Sada e Vigo respectivamente.
  • A celebración do I Encontro de Familias en Santiago de Compostela.
  • A decidida aposta por reivindicar ante as administracións públicas as necesidades e aspectos diferenciais do colectivo das persoas con Parálise Cerebral.