Os profesionais das entidades ASPACE comparten boas prácticas, gracias ao Programa TALENTO ASPACE da Confederación ASPACE

ASPACE CORUÑA acolleu o día 12 de decembro a reunión dos grupos, coordinados por Federación ASPACE GALICIA, do programa TALENTO ASPACE da Confederación ASPACE.

O Programa TALENTO ASPACE é unha ferramenta para compartir o coñecemento e as boas prácticas entre os profesionais de diferentes entidades ASPACE.

Federación ASPACE GALICIA, coordina na actualidade tres grupos de traballo dentro deste proxecto, nos que participan profesionais das seguintes entidades ASPACE: APAMP Vigo, AMENCER ASPACE, ASPACE CORUÑA, ASPACE ASTURIAS y APCA ALICANTE.

15 profesionais das anteriores entidades participaron na sesión de traballo realizada en ASPACE CORUÑA.

Cada un dos grupos coordinados pola nosa Federación traballa sobre un tema específico, en concreto abordamos as seguintes temáticas:

  • Modelos de atención.
  • Sexualidade y afectividade.
  • Participación de persoas con Parálise Cerebral con grandes necesidades de apoio.

Na reunión estableceuse o calendario de traballo para o próximo ano 2018 así como os obxectivos de cada un dos grupos. Ademais os participantes puideron coñecer as instalacións e os servizos e programas que leva a cabo ASPACE CORUÑA en Sada.