A primeira semifinal do concurso ‘En ASPACE Cocinamos Juntos’ celebrada en ASPACE-Coruña ten finalistas

A asociación ASPACE-Coruña acolleu esta mañá a primeira fase do certame ‘En ASPACE Cocinamos Juntos’, un concurso organizado por Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral). En total, sete parellas compostas por unha persoa con parálise cerebral acompañada dun familiar ou un profesional da entidade elaboraron os seus menús centrándose nas filloas. O grupo formado por Suso Quintela Rama e Jacinto Creo Sanvicente gañaron a semifinal coruñesa e pasarán á final que terá lugar o 29 de noviembro. Os gañadores levaron un lote de productos gourmet cedidos polas empresas colaboradoras.

No evento, os participantes elaboraron interesantes e atractivas propostas gastronómicas, como novidade os usuarios puideron presentar as súas recetas en pictogramas e en modo texturizado. O xurado estivo formado por Roberto Filgueira, de ‘O Balado Marta e Roberto’ (Boqueixón), membro do Grupo Nove Cociñeiros; e a blogueira de gastronomía, Teresa Rico Expósito “Un momento dulce”.

A iniciativa contou coas colaboracións de Leite Larsa, Cerveza Meiga, Harinas Reyes, Portomuiños, Aceites Abril, Secretos de Galicia, Hifas da Terra e Mel de Galicia.  A próxima semifinal será o 14 de noviembro en Amencer -ASPACE no Restaurante Pepe Vieira; e o 23 de noviembro, os participantes de APAMP Vigo reuniranse no centro de APAMP en Navia. Os ganadores acudirán á final o 29 de noviembro na Escola Naval Militar de Marín.