ASPACE-Coruña acollerá a primeira semifinal do concurso de cociña “En ASPACE Cocinamos Juntos”

O mércores, 8 de novembro, terá lugar a primeira semifinal do concurso de cociña “En ASPACE Cocinamos Juntos”. A partir das 11:00 horas, no centro ASPACE-Coruña, os usuarios da entidade acompañados por un familiar o un profesional da asociación, elaborarán o prato estrela da terceira edición do certamen gastronómico, as filloas.

O concurso ten como obxectivo premiar á mellor receita feita polos usuarios de ASPACE- Galicia co obxectivo de apoiar a realización de actividades conxuntas de ocio que reforcen o vínculo afectivo e familiar; fomentar a creatividade, responsabilidade e autonomía das persoas con parálise cerebral a través dunha actividade en familia e con amigos; así como dar visibilidade á capacidades das persoas con parálise cerebral.

A semifinal consta dun xurado profesional formado por Roberto Filgueira, de ‘O Balado Marta e Roberto’ (Boqueixón), membro do Grupo Nove Cocineros; e a blogueira gastronómica, Teresa Rico Expósito “Un momento dulce”. Colaboran na iniciativa Leite Larsa, Cerveza Meiga, Harinas Reyes, Portomuiños, Aceites Abril, Secretos de Galicia, Hifas da Terra, Mel de Galicia, Restaurante Pepe Vieira, Grupo Nove Cocineros e a Escuela Naval Militar de Marín.

As seguintes semifinais serán o día 14 de novembro cos usuarios de Amencer -ASPACE no Restaurante Pepe Vieira;  e o 23 de novembro, os participantes de APAMP Vigo reuniranse no centro de APAMP en Navia.  Os gañadores das semifinais acudirán á final que tenrá lugar en Pontevedra el 29 de novembro na Escuela Naval Militar de Marín.