Máis de 700 persoas participaron na III Marcha sobre Rodas celebrada en Vigo

Entre organización, voluntarios e participantes, máis de 700 persoas de toda Galicia reuníronse o domingo 18 de xuño en Vigo para sumarse á III Marcha sobre Rodas organizada por Federación ASPACE-Galicia, en colaboración con APAMP Vigo e o Concello de Vigo.

O requisito para participar ir sobre un vehículo de rodas sen motor, sobre patíns, bicicletas, patinetes, cadeiras de rodas, cadeiras de bebés ou persoas a pé que foran acompañantes dos participantes con discapacidade.

 

Simón González, o padriño da III Marcha sobre rodas

Simón González, 13 veces campeón do mundo de kickboxing, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída ás 12 horas a esta iniciativa solidaria que tivo como punto de partida o Pabellón Pablo Beiro. O presentador Pablo García “Chichas” así como a Charanga Alambique amenizaron coa su presencia este evento solidario, que continuou na chegada ubicada no Museo Verbum. O percorrido cunha distancia de 3,8 kms serviu para dar visibilidade ás capacidades do colectivo das persoas con parálise cerebral así como para reivindicar a accesibilidade no ámbito urbán.

Ao finalizar a marcha, comezou o turno das intervencións con Eulogio López, o Presidente de Federación ASPACE-Galicia; Concepción Somoza, a xerente de APAMP; Javier Dorado Soto, o Director Xeral do INJUVE en representación do Ministerio de Sanidade; e varios usuarios de APAMP Vigo leron un manifesto no que se apostou por ciudades máis accesibles e por un maior apoio a este colectivo en diferentes ámbitos. A continuación, houbo con un sorteo de regalo entre os participantes que puideron conseguir productos de alimentación, masaxes, sesións de SPA, equipamiento deportivo, unha cea e unha camiseta do Celta firmada polos xogadores do equipo.

O día de convivencia proseguiu cunha comida popular gratuíta e un autobús de Vitrasa recolleu aos conductores que participaron na marcha e que aparcaron o seu coche nas inmediacións do Pabellón Pablo Beiro para que non tivesen que recorrer novamente a distancia da marcha.

A iniciativa contou coa colaboración do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Consellería de Política Social, Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Gadis, Carrefour, Hijos de Rivera, Frutas San Román, Cibus Navia, Dulce Sol, ANFACOCECOPESCA, Coca Cola, Máis que auga, PRIM Clínicas Ortopédicas, FisioNavia, Fisioterapia Pablo Losada Crespo, Salud Vasalo, Asador Soriano, Pazo Los Escudos, Tórculo Comunicación Gráfica, Construcciones Piñeiro, Ekipo, Fundación Celta, Bici o Con, Cadena Ser Vigo, Vitrasa, Obra Social, Obra Social “La Caixa”, voluntarios de Club Atletismo Vigo e Fundación Vide del Concello de Vigo.