Aberto o prazo de inscrición para a III Marcha sobre Rodas

oooo

ooooO evento solidario, que se celebra o 18 de xuño en Vigo, contará con música en directo, sorteo de agasallos e comida gratuíta.

ooooBicicletas, triciclos, patíns, cadeiras de bebé, cadeiras de rodas, en definitiva, calquer vehículo a rodas sen motor, éste é o único requisito para participar na III Marcha sobre Rodas ASPACE, o domingo 18 de xuño en Vigo. O evento solidario que partirá ás 12 horas do Pabellón Pablo Beiro, está organizado por Federación ASPACE-Galicia en colaboración con APAMP, o Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra.

ooooCCo lema #yovoy, a marcha contará con dous percorridos, ambos coa mesma saída e chegada:

ooooPara o público en xeral (3,8 kms): Saída Pabellón Pablo Beiro, Travesía de Bouzas Portuario, Rúa Paulino Freire, Av. Atlántida, Av Samil e Museo Verbum.

ooo Para os ciclistas (10 kms): Saída Pabellón Pablo Beiro, Travesía de Bouzas Portuario, Rúa Paulino Freire, Av. Atlántida, Av Samil, Rúa de Canido e regreso ao Museo Verbum.

ooooDará o pistoletazo de saída o padriño do evento, Simón González, trece veces campeón do mundo de kickboxing que un accidente doméstico en 2014 causoulle unha lesión medular e desplázase en cadeira de rodas. Finalizada a Marcha, terá lugar a lectura do manifiesto na explanada do Museo Verbum, onde as per­soas con parálise cerebral reivindicarán os seus dereitos como ciudadáns de pleno dereito e a igualdade de oportunidades e a accesibilidade serán os verdaderos protagonistas.

ooooA continuación, haberá sorteo de agasallos, se o teu dorsal coincide con algún dos números premiados poderás conseguir produtos de alimentación, artigos de farmacia, masaxes, sesións de SPA, equipamento deportivo, unha camiseta do Celta, así como ceas en restaurantes para dúas persoas. O día de convivencia proseguirá cunha comida popular gratuíta e para finalizar, un autobús de Vitrasa recollerá aos conductores que aparcaron o seu vehículo nas inmediacións do Pabellón Pablo Beiro para que non teñan que percorrer novamente a distancia da Marcha.

ooooINSCRICIÓN

ooooOs/as interesados/as poderán anotarse ata o xoves, 15 de xuño, cubrindo un formulario de inscrición no seguinte enlace.  As persoas que se inscriban por esta vía recibirán o día que recollan o seu dorsal unha camiseta e unha mochila da Marcha. En caso de que non podas apuntarte nestas datas, o mesmo día da actividade poderás anotarte de 10 á 11:45 horas no Pabellón Pablo Beiro, sen embargo a organización non poderá segurar camisetas e mochilas suficientes para as novas inscripcións.

ooo A saída estará amenizada coa música dunha charanga, que continuará con a súa actuación na chegada da Marcha. A maiores, ASPACE-Galicia instalará unha mesa informativa e un mercadillo para vender os produtos elaborados polos/as usuarios/as das entidades membro de Federación, así como merchandising da Marcha. No evento haberá unha hucha para quen o desexe poida colaborar, a recadación será destinada á adquisición de productos de apoio e material adaptado para persoas con Parálise Cerebral. A Marcha quere reivindicar a necesidade de mellorar a accesibilidade das nosas cidades para poder potenciar a autonomía das persoas con discapacidade.

ooooA iniciativa conta coa colaboración do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Consellería de Política Social, Ministerio de Sanidad, Gadis, Carrefour, Hijos de Rivera, Frutas San Román, Cibus Navia, Dulce Sol, ANFACO-CECOPESCA, Coca Cola, Máis que auga, PRIM Clínicas Ortopédicas, FisioNavia, Fisioterapia Pablo Losada Crespo, Salud Vasalo, Asador Soriano, Pazo Los Escudos, Tórculo Comunicación Gráfica, Construcciones Piñeiro, Ekipo, Fundación Celta, Bici o Con, Cadena Ser Vigo, Vitrasa, ‘La Caixa’, Club Atletismo Vigo y Fundación Vide del Concello de Vigo.

ooooAnte calquera dúbida, contacten co correo electrónico marchasobrerodas@aspacegalicia.org, así como no teléfono 986.87.99.67 (en horario de 9:00 a 15:00 horas)

oooo