ASPACE-Galicia, entre as entidades sociais galegas a favor da “X Solidaria” para mellorar a vida de 3 millóns de persoas mediante programas dirixidos ás familias e á infancia


Case 11 millóns de persoas que marcan a “X Solidaria” favorecen programas dirixidos ás familias e á infancia, que supoñen un 30% do total de persoas destinatarias dos proxectos que realizan as entidades sociais galegas como ASPACE-Galicia

yyyyCon motivo do Día Internacional das Familias, a campaña “X Solidaria” reivindica o papel fundamental que desempeñan as familias e a infancia na construcción dunha sociedade máis inclusiva e igualitaria e informa a súa vez dos programas que se desenvolverán no 2017 e que mellorarán a calidade de vida de 2.786.629 persoas. Cifra que supón un 30% do total de persoas destinatarias dos proxectos que realizan as ONG mediante esta financiación pública. Grazas ás personas que marcan o cadro da “X Solidaria” da renta, as ONG desenvolven neste marco programas de orientación, mediación familiar e puntos de encontro familiar para o dereito de visitas en caso de conflictividade familiar, de educación parental positiva, de traballo con familias en dificultade social, de compatibilidade da vida laboral e familiar e de atención en centros residenciais e hospitalarios a nenos, nenas e adolescentes.

f
yyyyCase 11 millóns de persoas que marcan esta casilla favorecen que entidades como Unión de Asociacións Familiares (UNAF), Fundación ATYME ou a Federación Española de Puntos de Encontro para o dereito de visitas (FEDEPE) podan desenvolver distintos programas que buscan mellorar as condicións de vida no entorno familiar, especialmente en casos de conflictividade ou ruptura de parella, atendendo ao interese superior dos menores. O número de persoas beneficiarias deste tipo de programas ascende a 84.000. A súa vez, a Sociedade San Vicente de Paul tamén xestiona un amplio programa de atención á familias en situación de risco social.

g

yyyyDe igual forma, entre los programas de apoio á crianza saludable e positiva dos fijos e fijas, apóiase a entidades como a Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil (FAPMI), que con 2.354 beneficiarios desenvolveu as súas actividades en Andalucía, Murcia e Cantabria ou o programa Escola de Padres e Madres que desenvolve Movemento pola Paz MPDL en Madrid e Melilla e que beneficiou a 71 pais e nais durante o 2016 ten como obxetivo dotar aos pais e as nais de recursos e habilidades que posibiliten un crecemento integral dos fillos e fillas e do grupo familiar a través de sesións informativas e de asesoramento familiar.

h
yyyyCruz Roja Española ofrece o proxecto Itinerarios Sociolaborais para familias con todos os seus membros en desemprego. En 2016, en España, o número de fogares sen nengún membro activo representaba un 7,55% do total de fogares. Durante este año, dende o proxecto traballouse con 425 familias en situación de especial dificultade, 904 persoas, das cales o 51% eran mulleres. O obxetivo é lograr a inserción laboral de al menos un dos membros, contribuíndo con iso a reducir a pobreza familiar. Parte das actuacións van enfocadas a un traballo intrafamiliar que acompañado de actuacións de motivación e activación hacia o emprego, orientación laboral, formación e intermediación laboral, permitan mellorar a súa empregabilidade e situalos en mellores condicións para o acceso ao emprego. A través das medidas desenvolvidas logrouse insertar laboralmente a 293 persoas, destas o 43% eran mulleres, isto supuxo unha mellora estacional das condicións socioeconómicas da súa unidade familiar. Tamén a Fundación Cepaim aposta polas familias en situación de vulnerabilidade social mediante o desenvolvemento dos programas “Red Solidaria de Viviendas” e “Asistencia integral a familias e persoas en risco de exclusión social”.

h
yyyyCáritas Española xestiona programas de intervención para familias con necesidades especiais, programas de promoción da educación, sanidade e calidade de vida infantil, programas de inserción laboral para familias, para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e de prevención ante a violencia hacia a infancia. Así mesmo, mellorar a calidade de vida das familias con algún membro con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento é o obxetivo da Plena inclusión e do seu Programa de Apoio a Familiares que pretende proporcionar apoios para a conciliación familiar, facilitar espazos de apoio emocional e axuda mutua, así como información e formación para facer frente aos retos que supón a discapacidade no día a día.

j

yyyyNo que se refire a programas de infancia, consolidar a participación de nenos, nenas e adolescentes no diseño e seguimento das políticas de infancia convertiuse nun programa fundamental da Plataforma de Infancia. En línea articúlase a estratexia “A Infancia Opina” xunto ao traballo en rede con organizacións de infancia, centros escolares e consellos de participación infantil para que rapaces de 6 a 17 anos coñezan, analicen e fagan propostas para a mellor aplicación dos seus dereitos. Grazas as súas conclusións, a Plataforma de Infancia incorpora propostas de nenos e nenas nas súas demandas co fin de garantir que sexan escoitadas e tidas en conta polas autoridades nacionais e internacionais á hora de diseñar as políticas que lles afectan.

j
yyyyTamén as organizacións Fundación Pía Autónoma, Institut Pere Tarrés, Fundación ANAR, Fundación Diagrama, Fundación Tomillo, Fundación Márgenes e Vínculos e a Liga Española da Educación e Cultura Popular desenvolven actividades socioeducativas e programas dirixidos á protección dos nenos e nenas en dificultade social, de apoio a menores tutelados e de prevención da violencia familiar. “Grazas ás aportacións das persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da renta, este ano puxéronse en marcha un total de 1.378 programas sociais desenvolvidos por 497 entidades de acción social. Marcar a “X Solidaria” é un xesto solidario que non custa nada, a persoa contribuínte, ao facelo na declaración de la Renta, non van a ter que pagar más nen lle van a devolver menos. Ademais, tamén pode marcar o cadro da Igrexa Católica xunto co cadro de Actividades de Interese Social e, destinar un 0,7 % a cada unha de elas. Simultaneando os dous cadros, a axuda non se divide, súmase.”

g

yyyyA A campaña “X Solidaria”, dirixida a informar e sensibilizar ás persoas contribuíntes para que marquen o cadro 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da renta anual, é coordinada pola Plataforma de ONG de Acción Social e conta co apoio da Plataforma do Tercer Sector, a Plataforma do Voluntariado de España, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-ES), o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), a Plataforma de Infancia e a Coordinadora de ONG para o Desarrollo-España.

h

yyyyMáis información sobre os proxectos presentados.