ASPACE Coruña acolle o II Encontro Galego de Autoxestores

lllllO próximo xoves, 11 de maio, Sada acollerá o II Encontro Galego de Autoxestores. O evento organizado por ASPACE Coruña e Federación ASPACE-Galicia, conta coa colaboración do Concello de Sada, a Consellería de Política Social, APAMP Vigo e Amencer-Pontevedra. O encontro, que se enmarca nos actos de celebración do 40 aniversario de ASPACE Coruña, busca fomentar e facilitar a participación activa das personas con parálise cerebral ou patoloxías afíns nas decisións que afectan as súas vidas. Nesta nova edición, a temática céntrase en Metas, retos e desafíos de futuro.

lllllÁs 11:00 horas na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada, comenzará o encontro coa intervención do alcalde de Sada, Benito Portela; o director xerente de ASPACE Coruña e Presidente de Federación ASPACE, Eulogio López; e o membro de Autoxestores e da Comisión de traballo Ciudadanía Activa, Jorge Liñares.

lllllA continuación, a xornada prosegue coa charla da coach Patricia González, ponencias, testimonios, elaboración das conclusións do encontro, así como a lectura do “Tendal de los deseos”, elaborados polos participantes. Na clausura, intenvendrá a Subdirectora Xeral de Recursos Asistenciais e Atención Diurna (Consellería de Política Social), Mª Carmen Calviño; e como broche final, os asistentes poderán disfrutar das actuacións do cantautor, Paris Joel, e do monologuista, Ivanote.

Rede Autonómica de Autoxestores

lllllA Rede Autonómica de Autoxestores nace en 2014 co obxectivo de crear un espazo común onde persoas con parálise cerebral de Galicia debatan sobre as cuestións que lles afectan promovendo a sús autoxestión, autodefensa e autodirección, converténdose nos seus propios portavoces e protagonistas da súa vida. Trátase de facilitar a súa participación activa como principio fundamental da autodeterminación; á vez que se busca a coordinación co resto de grupos de autoxestores de Galicia.

lllllO grupo está formado por persoas con parálise cerebral e profesionais das asociacións ASPACE Coruña (Sada), Amencer-ASPACE (Pontevedra) e APAMP (Vigo) que participan en grupos de autoxestión en cada un dos centros e que se xuntan de forma periódica para abordar distintos indicadores de calidade de vida como poden ser: servizos que reciben nas entidades ASPACE, propostas de mellora, desenvolvemento persoal, inclusión social, vivenda, afectividade e sexualidade, saúde, ocio, familia, dereitos e obligacións.