O Centro de Educación Especial “Princesa Letizia” de Vilagarcía de Arousa aposta polas novas tecnoloxías

 Amencer-ASPACE foi beneficiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para participar nun Proxecto de Formación e Equipamento en T.A.C. A Fundación Carrefour súmase a financiar as novas tecnoloxías e concede a este centro unha pizarra dixital

  O Centro Educativo “Princesa Letizia” de Amencer-ASPACE realizou a presentación pública dos proxectos vinculados coa utilización das novas tecnoloxías no ámbito da educación especial para fomentar a inclusión educativa. No acto estiveron presentes Manuel Costa Carneiro, Consellería de Educación; David Carrera, director do centro At. Integral “Princesa Letizia”; Emma Falcón, subdirectora e mestra do CEE “Princesa Letizia”; Mónica Touriño, xerente de Amencer-ASPACE; Carlos Godoy, Presidente de Amencer-ASPACE; Alba Boquete, logopeda; e Ana Baños, madre dunha alumna do CEE e membro da Xunta Directiva.

 No acto presentouse “Los cuentos viajeros”, o proxecto seleccionado para participar no Proxecto de Formación e Equipamento en T.A.C, foi financiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, xestionado a través de Confederación ASPACE. Estos contos nútrense do concepto de “Biblioteca persoal”, co obxetivo de crear unha biblioteca multimedia, onde se volcaron os contos vinculados aos intereses dos alumnos.

iiiiA maiores, a Fundación Carrefour no marco dun convenio con Confederación ASPACE, concedeu a este centro unha pizarra dixital interactiva como recurso didáctico accesible para o alumnado con parálise cerebral. A meta, achegar aos alumnos ao mundo das novas tecnoloxías e a súas aplicacións dentro do contexto de ocio e tempo libre, proporcionándolles outra modalidade de entretenemento, de forma individual ou grupal, como un xogo compartido. A idea principal, apostar pola renovación das actividades, facéndoas máis atractivas, favorecendo a motivación, a capacidade do desempeño persoal, a concentración, o entretenemento lúdico, a coordinación e a movilidade dos membros superiores dos alumnos.

iiiiTrala presentación dos proxectos, levouse a cabo unha demostración práctica con dúas alumnas, Anita e Paula, sobre o uso das novas tecnoloxías. A continuación, David Carrera, director do centro, realizou unha visita guiada pola entidade mostrando as salas destinadas a informática, logopedia, taller de manualidades, aula de actividades, fisioterapia, comedores e xardín.