18 usuarios/as de ASPACE-Galicia preséntanse o 8 de abril ao primeiro proceso selectivo da Xunta reservado exclusivamente para persoas con discapacidade intelectual

En Santiago de Compostela, o 8 de abril realízanse os exames do primeiro proceso selectivo da Xunta reservado exclusivamente para persoas con discapacidade intelectual. En total 429 opositores, dos cales 18 son persoas con parálise cerebral de Federación ASPACE-Galicia, que se presentarán ás probas do concurso-oposición da Xunta para cubrir as 6 prazas ofertadas para o posto de ordenanza.

Dende Federación, dous técnicos preparan ás 18 persoas de maneira semipresencial co objetivo de informar, orientar e instruir aos interesados nestas probas. O grupo de opositores está formado por 2 persoas de Pontevedra, 12 de Vigo e 4 de A Coruña. As clases de carácter presencial teñen como obxetivo reforzar os conceptos que as persoas adquieren na casa, realizando simulacros de exames así como resolvendo posibles dúbidas acerca dos contidos. As sesións tiveron lugar en APAMP en Vigo, Amencer-ASPACE en Pontevedra y ASPACE-Coruña de 10.00 a 13.00 horas, dous días ao mes en cada asociación.

Ademáis da formación específica, os profesionales ofreceron aos opositores orientación relacionada co proceso, dende a tramitación da solicitude ata a presentación da documentación e as reclamacións nas listas. En relación coas prazas ofertadas para a comunidade galega, os destinos serán para os concellos de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Para máis información sobre esta acción formativa, os/as interesados/as poden contactar co Servizo de Orientación e Emprego de Federación ASPACE-Galicia no teléfono 986.879.967 ou a través do correo electrónico: orientacion@aspacegalicia.org. Si o desexa, pode acceder ao anuncio da convocatoria das oposicións da Xunta de Galicia, no seguinte enlace.