CERMI-Galicia reúnese con Federación ASPACE-Galicia para coñecer as demandas do colectivo e os servizos que presta a entidade

O pasado luns, o novo Presidente do CERMI-Galicia, Iker Sertucha, e o secretario da entidade, Carlos Fernández, acudiron ás instalacións de ASPACE-Coruña onde foron recibidos polo Presidente de Federación ASPACE-Galicia, Eulogio López Río.

A visita intégrase na ronda de reunións que o Presidente do CERMI-Galicia está realizando ás entidades membro para coñecer as necesidades e demandas do colectivo.

O presidente de ASPACE-Galicia trasladou ao CERMI-Galicia as urxencias das persoas con Parálise Cerebral, entre as que se atopan:

  • O aumento de prazas de atención específica, en atención de día como en atención residencial.
  • A mellora nas condicións de financiación do transporte, debido as súas necesidades específicas e diferenciais de atención.
  • O aumento da coordinación entre as políticas sociais e sanitarias.

Ademáis, os membros do CERMI-Galicia puideron coñecer as instalacións de ASPACE-Coruña, así como os programas e servizos que presta Federación ASPACE-Galicia aos usuarios.